BNG ao día. Boletín de información do grupo municipal do Bloque Nacionalista Galego do Concello de Vigo
BNG ao Día. Boletín de información do Grupo Municipal do Bloque Nacionalista Galego do Concello de Vigo
ver o contido principal desta páxina
Inicio Portada 'BNG ao día' Versión gráfica
principal
Información e Participación Cidadá

29/07/2010: O concelleiro de Cultura asegura que a décima edición do Marisquiño volverá bater récords de participación e asistencia

Vigo, 29 de xullo de 2010.- A décima edición do festival de deportes e cultura urbana O Marisquiño, que terá lugar entre os días 5 e 8 de agosto, pretende superar os espectaculares datos do último ano, segundo explicou o concelleiro de Cultura e Animación Sociocultural, Xesús López. “O ano pasado houbo 750 participantes de todo o mundo, 45.000 espectadores, 300.000 visitas on-line nunha fin de semana e máis dun millón de reproduccións de todos os vídeos colgados na rede. Pois todas estas cifras, que son incribles, vanse quedar pequenas na presente edición”, manifestou López.O Marisquiño comezou no ano 2001 como un simple campionato de skate e agora é un acontecemento mundial da cultura e o deporte urbano, no que están presentes os mellores especialistas do mundo. O concelleiro quixo agradecer o traballo do director do festival, Carlos Domínguez, Pity, xa que “sen o seu esforzo sería imposible lograr o que é actualmente o festival: música, deporte, cine, arte na rúa... Un gran evento que é posible grazas a el, a alma do Marisquiño”. Xesús López tamén agradeceu o esforzo dos patrocinadores e de forma moi especial do Xacobeo e do seu director xerente, Ignacio Santos, que acudiu tamén ao acto de presentación do festival.

O máximo responsable do Marisquiño, Pity, recordou os inicios e recoñeceu que “nunca pensamos chegar tan lonxe” e explicou que na programación deste ano hai moitas novidades como o Freestyle Motocross “é unha das grandes atraccións deste ano, un salto de 35 metros de lonxitude onde os pilotos poden alcanzar alturas de máis de 8 metros coa ría de fondo. Normalmente este espectáculo é de pago, pero a nosa filosofía non nos permite cobrar polo que seguirá sendo un espectáculo de balde”. Pity tamén destacou a novidade do ciclo de cine (día 31 de xullo no Marco) e que a programación musical aumentou de un día a catro.

O Marisquiño desenvolverase entre os días 5 e 8 de agosto e todas as actividades deportivas e culturais (coa excepción do concerto de Public Enemy que se celebrará no auditorio de Castrelos) terán lugar diante da explanada do Náutico de Vigo.

*Máis información na web http://www.omarisquino.com


 
Opina sobre a nova

Nome Email Título

Opinión

Máis novas da área de traballo
  • Margarida Martíns reclama que se continúe a dixitalización e documentación das placas do Arquivo Pacheco
  • Margarida Martíns critica a discriminación que Vigo sufre por parte da Xunta na programación do Xacobeo
  • Lois Castrillo rexeita a decisión do goberno municipal do Partido Popular de desguazar o buque “Bernardo Alfagme”
  • Margarida Martíns pide que o Concello recupere o antigo tímpano da colexiata e a imaxe de O Salvador
  • Santiago Domínguez di que a incapacidade do PP e o partidismo do PSOE fan perigar o auditorio

      Áreas de traballo
     Información e Participación Cidadá  Urbanismo  Infraestruturas  Mobilidade, Tráfico e Seguridade  Medio Natural  Cultura e Patrimonio Histórico  Educación  Normalización Lingüística  Servizos Sociais e Benestar Social  Sanidade  Muller  Mocidade  Turismo, Comercio e Emprego  Facenda e Persoal  Deporte  Barrios e Parroquias  Varios
    Outros: Hemeroteca   Opinión 


    Páxina anterior
    Parte superior da páxina

    Información de contacto co grupo Municipal do BNG do Concello de Vigo:
    Correo: info@bng-vigo.org.
    Dirección: Praza do Rei s/n 8º Andar
    Créditos
    Aviso Legal Sobre a versión accesíbel Suscrición ao Boletín electrónico